12
IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO 60 Unidade 5. “A música no Romanticismo” I. CONTIDOS: a) Introdución: b) Características musicais: c) A música instrumental - A música sinfónica - A música para piano d) A música vocal - Panorama operístico - O lied e) O nacionalismo f) A música española - Situación d avida musical - A zarzuela - O nacionalismo en España II. AUDICIÓNS: 1º movemento da sinfonía nº 5 en Do m (L. V. Beethoven) Polonesa en La bemol, Op. 53 (F. Chopin) Sempre libera de A traviata (G. Verdi) Dous fragmentos de A valquiria (R. Wagner). Am leuchtenden Sommermorgen de Amor de poeta (R. Schumann)

Romant14

  • Upload
    sonia

  • View
    217

  • Download
    4

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

60

Unidade 5. “A música no Romanticismo”

I. CONTIDOS:

a) Introdución: b) Características musicais:

c) A música instrumental - A música sinfónica

- A música para piano d) A música vocal

- Panorama operístico - O lied

e) O nacionalismo f) A música española

- Situación d avida musical - A zarzuela

- O nacionalismo en España

II. AUDICIÓNS:

1º movemento da sinfonía nº 5 en Do m (L. V. Beethoven) Polonesa en La bemol, Op. 53 (F. Chopin)

Sempre libera de A traviata (G. Verdi)

Dous fragmentos de A valquiria (R. Wagner). Am leuchtenden Sommermorgen de Amor de poeta (R.

Schumann)

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

61

Unidade 5. “A música no Romanticismo”

a) Introdución:

O romanticismo nace cara finais do século XVIII en Alemaña. De

aquí esténdese por toda Europa, especialmente aos países do norte de

Europa, como Francia e Inglaterra. O movemento remata a finais do XIX,

aínda que a principios do XX moitos compositores continúan compoñendo

neste estilo. Nace como un movemento literario, pero vai atopar na

música unha importante vía de expresión; de feito os románticos consideran

a música como a máis importante das artes xa que permite expresar

sentimentos que as palabras non podían comunicar. De todos xeitos, a

música romántica ten uns vínculos importantes coa literatura.

Podemos distinguir tres períodos dentro do movemento: primeiro

romanticismo, que coincide coa primeira metade do século XIX, segundo

romanticismo (1850-1880), e post-romanticismo (ata principios do s.

XX).

Os artistas románticos reaccionan contra a orde, a racionalidade e a

sinxeleza do clasicismo. Eles buscan a expresión do individuo, a

imaxinación, a orixinalidade, o dramatismo... A arte para os románticos é

un reflexo dos sentimentos individuais, polo que cada obra de arte

debe ser única e orixinal. Normalmente, o artista romántico representa o

lado máis dramático, máis atormentado da realidade.

Aos románticos non lles gusta a época na que lles toca vivir (revolución

industrial, grandes cidades...), e por iso intentan fuxir da realidade. Para

isto atopan dúas vías de escape, o interese polo pasado (especialmente,

pola Idade Media) e polos lugares “exóticos” , como os países orientais,

do norte de África e o sur de Europa (por exemplo, atopamos óperas

situadas en Xapón). O interese polo pasado vai dar lugar ao intento de

recuperar música de outras épocas (por exemplo, aos grandes autores do

Barroco, como Bach ou a compositores renacentistas como Palestrina).

Outra das repercusións deste intento de recuperar o pasado é que se

comeza a estudar o folclore (moitos libretos de ópera van estar baseados

en lendas ou contos tradicionais).

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

62

Para finalizar, cara finais do XIX, e moi vinculado ao movemento

romántico, nacen os movementos nacionalistas, cunha gran importancia

no campo musical (anuncian a ruptura que vai significar o século XX).

“O camiñante sobre o mar de nubes” ( Caspar David Friedrich. 1818)

b) Características musicais:

Moitas das características musicais do romanticismo proceden do

clasicismo (de feito moitos autores falan de período clásico- romántico). Así,

formas como a sonata, a sinfonía ou a ópera continúan durante o XIX. As

diferenzas principais entre os dous movementos podémolas ver na forma de

expresión, na intensidade emocional que transmite a música do

romanticismo.

Empezando polo tipo de melodía, abandónase o modelo de frase de 8

compases, intentando que as melodías sexan máis expresivas, menos

cadradas. Outra das características é a gran cantidade de cambios de

intensidade (algo que axuda a aumentar a sensación de dramatismo). O

interese polas músicas tradicionais provoca que os compositores introduzan

novos tipos de melodías procedentes destas músicas, algo que tamén

sucede co ritmo. Un exemplo claro son os ritmos de danzas tradicionais

(valses, polonesas, mazurcas...).

A maior parte das formas musicais son as mesmas do Clasicismo

(sonatas, sinfonías, ópera). Pero tamén temos formas novas, como o lied

(un tipo de canción procedente de Alemaña) o poema sinfónico ou as

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

63

danzas para tocar ao piano. En xeral, hai un interese por formas máis

libres, sen unha estrutura determinada.

Aínda que no romanticismo compúxose moita música para

instrumentos solistas, especialmente para piano, a orquestra continúa tendo

un papel protagonista. A orquestra romántica é máis numerosa ca do

Clasicismo. Os instrumentos de vento gañan importancia (especialmente os

de vento-metal). Aumenta o grupo de percusión. Os instrumentos de corda

deixan de ser os protagonistas, xa que comparten este papel cos

instrumentos das outras seccións (por exemplo, podemos atopar melodías

interpretadas pola sección de vento-metal).

c) A música instrumental:

Neste apartado imos falar principalmente de dous tipos de música

instrumental: a música sinfónica (composta para orquestra) e a música

para piano.

Imos comezar falando da música sinfónica do romanticismo

centrándonos na evolución da sinfonía. A estrutura destas pezas é a mesma

ca das pezas do XVIII (4 movementos, o primeiro con forma sonata), pero

segundo imos avanzando no Romanticismo vanse introducindo algúns

cambios: as pezas tenden a ser máis longas, as diferentes seccións

(exposición, desenvolvemento) non están tan ben delimitadas, hai máis

cambios de intensidade, sensación de maior dramatismo...

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

64

Para entender a evolución deste xénero debemos ter en conta a L.V.

Beethoven (1770-1827), que coas súas 9 sinfonías abre dúas vías para o

desenvolvemento da forma: por un lado, sinfonías como música pura, e

por outro o achegamento entre sinfonía e música programática (pezas

instrumentais baseadas nunha historia ou inspiradas por algún sentimento

ou situación). As sinfonías 4ª e 7ª son exemplos de sinfonías como música

pura e a 6º, coñecida como “pastoral”, a 3ª ( “heroica”) ou a 5ª son

exemplos de sinfonías programáticas. Outra das aportacións de Beethoven

é a introdución de música vocal nas sinfonías (o Himno á alegría, no

último movemento da 9ª).

No romanticismo hai unha gran tradición de compositores de sinfonía

entre os que imos destacar a F. Schubert (1797-1828), R. Schumann

(1810-1856), F. Mendelssohn (1809-1847) e J. Brahms (1833-1897).

Ademais de continuar cun xénero procedente do clasicismo (as

sinfonías), no romanticismo aparece un novo xénero sinfónico, a música

programática. A primeira obra deste tipo é a Sinfonía fantástica de H.

Berlioz (1803- 1869). Dentro deste xénero atopamos pezas como o

poema sinfónico ou a obertura. A diferenza principal coa sinfonía

programática é que constan dun só movemento e que non teñen unha

forma establecida. Dentro deste xénero destaca F. Listz (1811-1886) , ao

que debemos o termo poema sinfónico).

Beethoven compoñendo

F. Listz

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

65

Audición 1: 1º movemento da sinfonía nº 5 en Do m

(L.V.Beethoven-1808)

Aínda que nace a finais do XVIII, é no século XIX cando o piano se

perfecciona e se converte nun instrumento fundamental para os

románticos. Parte do seu éxito débese a que é un instrumento moi popular

no ámbito doméstico. Dentro do repertorio pianístico do romanticismo

podemos distinguir dous grandes grupos de pezas: as formas procedentes

do clasicismo (as sonatas) e as formas xurdidas no s.XIX. Neste último

grupo, o máis representativo do período, atopamos un repertorio de pezas

breves e líricas (nocturnos, improntus...), ademais de danzas (moitas

procedentes do folclore) como polonesas, valses, mazurcas...). Moitos dos

autores que xa mencionamos, como Schubert ou Schuman compoñen pezas

para este instrumento, pero temos que engadir a esta lista o nome dun

compositor polaco, Frédéric Chopin (1810-1849).

Fanny e Felix Mendelssohn

Chopin no salón de George Sand

Audición 2: Polonesa en La bemol, Op. 53 (F. Chopin)

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

66

d) A música vocal:

Como no clasicismo, a ópera vai ser o xénero máis importante dentro

da música vocal. A diferenza do período anterior, créanse diferentes escolas

nacionais de ópera, como a francesa, a italiana e a alemá.

Imos comezar o repaso ao panorama operístico do XIX, falando da ópera

francesa, xa que, durante a primeira metade do século XIX, París se

converte no centro da produción operística. Distinguen tres tipos de ópera:

a gran ópera (unha ópera seria con coros abundantes, ballet, grandes

decorados), ópera cómica (semellante á ópera cómica do Clasicismo, máis

sinxela e con diálogos falados) e ópera lírica (a medio camiño entre a gran

ópera e a ópera cómica; os diálogos poden ser en recitativo ou falados).

Entre os compositores operísticos máis destacados atopamos a G.

Meyerbeer (1791-1864) e a G. Bizet (1838-1875), autor de Carmen.

A pesar da importancia adquirida pola ópera francesa, a ópera italiana

continúa tendo un lugar privilexiado e influíndo na ópera de toda Europa. A

ópera italiana é bastante conservadora e van continuar con moitas

características procedentes do século XVIII. Por exemplo, seguen vixentes

os dous tipos da ópera do clasicismo (seria e cómica) ademais do estilo

coñecido como bel canto (buscan a beleza das melodías e o virtuosismo do

cantante). Entre os compositores, imos nomear, para a primeira metade do

século, a G. Rossini (1792-1868), autor de obras como “O barbeiro de

Sevilla” (ópera cómica) ou “Guillermo Tell” (gran ópera). Na segunda

metade, a ópera italiana está dominada por G. Verdi (1813-1901), autor de

“A traviata” ou “Aída”) e xa na transición cara o século XX, destaca G

Puccini (1858-1924), con “Turandot” ou “Madame Butterfly”.

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

67

Audición 3: Sempre libera de A Traviata (G. Verdi).

Violetta:

Follie!.. follie!... delirio vano è

questo!...

Povera donna, sola

Abbandonata in questo

Popoloso deserto

Che appellano Parigi,

Che spero or più?.. che far degg’io!...

gioire.

Di voluttà nei vortici finire.

Sempre libera degg´io

folleggiare di gioia in gioia,

vo´che scorra il viver mio

pei sentieri del piacer.

Nasca il giorno, o il giorno muoia,

sempre lieta ne´ ritrovi,

a diletti sempre nuovi

dee volare il mio pensier

Alfredo:

Amor è palpito

dell´universo intero,

misterioso, altero,

croce e delizia al cor.

Violetta:

Oh! Oh! Amore!

Follie!

Gioir!

Sempre libera degg´io, ...

Violetta:

Que loucura! Isto é un delirio

inútil!

Pobre muller, abandonada neste

Poboado deserto

Ao que chamamos París

Que podo agardar? Que facer?

Vivir no furacán do desexo.

Sempre libre e sen dirección vou

De diversión en diversión

Fluíndo sobre a superficie do

camiño da vida

Á miña vontade.

Mentres nace o día

Ou mentres morre a noite,

Eu acudo a novos praceres

Que me levantan o ánimo.

Alfredo:

O amor é un latexo a través do

universo,

Misterioso, transformador,

O tormento e o deleite do meu

corazón.

Violetta:

O, O, amor!

Loucura! Euforia!

Xa comentamos que a ópera italiana era bastante conservadora e que

realmente estaba máis vinculada co clasicismo que co romanticismo. O

verdadeiro renovador do xénero, Richard Wagner (1813- 1883) procede

de Alemaña, un país sen unha tradición operística importante. Wagner

intenta crear o que el denomina a obra de arte total, na que existira unha

unidade clara entre poesía, a música e a posta en escena. (de feito el é

autor non só da música, senón tamén dos libretos). A diferenza da ópera

italiana, que baseaba os seus libretos principalmente en dramas de tipo

realista, Wagner emprega lendas e contos tradicionais do Norte de Europa.

Na ópera de Wagner, as voces e as melodías non son os elementos

principais, senón que se lle dá moita importancia á música instrumental e as

voces tenden a quedar case solapadas pola orquestra. Wagner tamén

rexeita a división tradicional da ópera en arias e recitativos e intenta crear

un “todo continuo” que tivera o ritmo da fala. A linguaxe musical de Wagner

tende a ser elaborada e experimental. Outro risco importante deste

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

68

compositor é o emprego de leitmotivs, melodías que identificas lugares,

personaxes, sentimentos... e que reaparecen ao longo de toda a ópera.

Algunhas das súas obras máis importantes son a tetraloxía

denominada O anel dos nibelungos (formada por “O ouro do Rhin”, “A

Walkiria”, “Sigfrido” e “O ocaso dos deuses”), “Tristán e Isolda” (1859) ou

“Os mestres cantores” (a súa única ópera cómica composta en 1867).

R. Wagner

G. Puccini

Audición 4: Fragmentos de A valquiria (R. Wagner).

Cabalgata de As valquirias

GERHILDE

Hoyotoho! Hoyotoho!

Heiaha! Heiaha!

Aquí, Helmwige,

trae o teu cabalo aquí.

VOZ DE HELMWIGE

Hojotoho! Hojotoho!

Heiaha!

GERHILDE, WALTRAUTE

E SCHWERTLEITE

Heiaha! Heiaha!

WALTRAUTE

Que pendura da túa silla?

HELMWIGE

Sintolt o Hegeling.

SCHWERTLEITE

Entón afasta o teu alazán da miña

egua,

a egua de Ortlinde

leva a Wittig o Irming.

GERHILDE

Sempre os considerei inimigos,

a Sintolt e Wittig.

GERHILDE

A pelexa dos guerreiros incluso

provoca

inimizade entre os cabalos.

HELMWIGE

Tranquilo, Bruno!

Non alteres a paz.

WALTRAUTE

Hoyoho! Hoyoho!

Aquí, Siegrune.

Onde estiveches perdendo tanto

tempo?

VOZ DE SIEGRUNE

Había traballo que facer.

Xa están as outras aquí?

SCHWERTLEITE AND WALTRAUTE

Hoyotoho! Hoyotoho!

Heiaha! Heiaha!

GERHILDE

Heiaha!

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

69

Música do lume máxico

Loge, escoita!

Presta atención a isto!

Cando te atopei por primeira vez, un fío feroz,

Subitamente desapareciches,

Un lume imprevisto;

Como me aliei contigo,

Hoxe conxúrote!

Érguete, lume máxico,

Rodea a rocha con fogo para min!

Loge! Loge!Ven aquí!

Calquera que tema

A punta da miña lanza

Non pasará a través do lume!

O outro xénero vocal representativo do romanticismo é o lied un tipo de peza

pertencente ao repertorio de salón, que aparece no século XVIII en Alemaña

pero que alcanza o seu esplendor no XIX. Trátase dunha canción sinxela

composta para voz e piano. Supón outra mostra do interese dos compositores

románticos pola literatura, xa que adoitan escoller coidadosamente os textos e a

empregar poemas dos máis importantes escritores do XIX. Os lieder adoitan

agruparse por ciclos (normalmente varias cancións con textos dun mesmo poeta

e cun tema en común). Entre os autores destacan F. Schubert (compuxo os

ciclos “A bela muiñeira” ou “Viaxe de inverno”) e R. Schumann (cos ciclos

“Amor de poeta”, “Amor e vida dunha muller”).

Audición 5: Am leuchtenden Sommermorgen de Amor de poeta (R.

Schumann)

Am leuchtenden Sommermorgen

Geh’ ich im Garten herum.

Es flüstern und sprechen die Blumen,

Ich aber wandle stumm.

Es flüstern und sprechen die Blumen,

Und schaun mitleidig mich an:

Sei unserer Schwester nicht böse,

Du trauriger blasser.

Na radiante mañá de verán

Paseo polo xardín;

murmuran e falan as flores,

pero eu camiño en silencio.

Murmuran e falan as flores,

E obsérvanme compasivas:

“Non sexas malo coa nosa irmá,

home pálido e triste”.

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

70

F. Schubert

e) O nacionalismo:

Vinculado ao movemento político do mesmo nome, o nacionalismo musical

nace a finais do século XIX e esténdese por toda Europa cunha especial

repercusión en países como Rusia ou Hungría, sen unha gran tradición de música

“clásica” e que intentan afastarse das grandes potencias musicais do XIX

(especialmente de Alemaña). Intentan buscar o seu propio camiño e crear unha

música nacional baseándose no folclore. O interese pola música folclórica dá

lugar a novos estilos, marcados polo emprego de ritmos e melodías

procedentes dese folclore dentro de obras de música “culta” (sinfonías,

óperas, poemas sinfónicos). Ademais empregan para as óperas ou obras

programáticas libretos baseados en contos ou lendas tradicionais dos seus países

ou episodios históricos propios.

Entre os músicos nacionalistas, destacan o grupo de compositores rusos

(Balakirev, Borodin, Mussorgsky, Rimsky-Korsakov e Cui) coñecidos como “Os

cinco”. Entre as obras máis importantes deste grupo podemos atopar a obra

para piano “Os cadros dunha exposición” de M. Mussorgsky (1839-1881) ou a

ópera “O príncipe Igor” de A.Borodin (1833-1887).

f) O século XIX en España:

Xa comentamos no tema anterior que España comeza no XVIII un proceso

de atraso e illamento musical con respecto a Europa. Parte desta situación pode

xustificarse polo continuo estado de guerra ou por motivos económicos. Ademais,

despois dun breve período de interese pola música italiana, os esforzos dos

compositores están centrados no intento de construír un xénero tipicamente

IES Indalecio Pérez Tizón Dpto de música- 4º ESO

71

español (a zarzuela). No tocante á música instrumental, non existe

practicamente música sinfónica e os únicos exemplos dentro deste xénero

pertencen á música de cámara (como o compositor galego Marcial del Adalid

(1826-1881) centrado no repertorio pianístico). Outro aspecto que acentúa a

situación de illamento musical é que os grandes compositores románticos

procedentes do norte de Europa son practicamente descoñecidos para o público

español. Haberá que agardar ata finais do século, coa chegada dos compositores

nacionalistas, para observar certo rexurdimento do panorama musical español.

O xénero por excelencia en España é a zarzuela. No século XIX, queda

plenamente establecida como unha peza teatral, dividida en dous actos, nos que

se alterna o canto con diálogos falados, que debe o seu nome ao pazo no que se

representa. Francisco Asenjo Barbieri, con zarzuelas como “El barberillo de

Lavapiés”, ou Tomas Bretón (“La verbena de la paloma”) son dous dos

compositores máis destacados.

Cara finas do XIX, aparecen en España os primeiros vestixios do

nacionalismo. O compositor que vai sentar as bases do nacionalismo en España

foi Felipe Pedrell (1841-1922), realizando estudos sobre música antiga e

popular. Compuxo varias óperas, intentando crear unha ópera nacional,

chegando incluso a empregar libretos en catalán. Dous dos máis grandes

compositores da música española, Albéniz e Granados, foron os seus discípulos.

Isaac Albéniz (1860-1909) destaca como compositor de música para

piano de salón (“Suite española”, “Suite Iberia”), coas influenzas do nacionalismo

de Pedrell e o estilo que coñeceu nos seus anos de estancia en París, o

impresionismo.

Enric Granados (1867-1916) deixa ver na súa produción pianística un

interese por recrear o ambiente do Madrid do XVIII (“Goyescas”).

Albéniz

Granados